www.radioredondela.com Hoxe é Mércores, 19 de Xuño de 2019

O Pazos faise coa Copa Galicia no Carballiño
Deporte • 10/06/2019
Autor: Ana Prieto

Os de Fran Amoedo Pazos pecharon onte unha brillante temproada do mellor xeito posible. Logo do título de liga e o ascenso a Segunda B, fixéronse no Carballiño coa Copa Galicia tras derrotar na final ao Vigo 2015 (3-5). Chegaron á final tras superar na eliminatoria a outro equipo vigués, o Talleres ABC Coruxo.


Final Copa Galicia


Vigo 2015 3-5 Pazos


Non comezaron ben as cousas para os de Pazos, que aos 18 minutos perdían 3-0 tras unha forte saída do conxunto vigués que, con dous tantos de Óscar e un de Pedro, xa parecía ter encarrilada a final. Pero os de Fran Amoedo non baixaron os brazos, e chegou o 3-1 por medio de Diego só un minuto despois. O gol mudou o partido e os campións de liga buscaron o debrete nun partido vibrante. Dous goles de Jonathan en tres minutos igualaron o marcador, a falta de catro para o final. O Vigo 2015 tentaba aguantar os ataques do Pazos para forzar a prórroga, pero o equipo pacense non se conformaba. Un tanto de Pablo Gándara en propia porta puxo a final en bandexa para os de Amoedo, que aínda engadiron un gol máis de Luís Carreira no último minuto. O Pazos culmina unha temporada para enmarcar, cos dous títulos de liga e copa. Chegaran á final nunha intensa fin de semana no Carballiño, que comezara cunha vitoria moi axustada na segunda semifinal contra o outro equipo vigués, os Talleres ABC Coruxo, ao que derrotaron 5-4. Pola súa banda, o Vigo 2015 acadou a praza na final tras derrotar ao anfitrión, o Carballiño (2-4).

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: