www.radioredondela.com Hoxe é Venres, 19 de Xullo de 2019

Samu e Xian fichan polo Rayo B
Deporte • 10/06/2019
Autor: Ana Prieto

O equipo madrileño volve pescar en augas galegas, nesta ocasión no C.D. Choco. O Rayo fixouse en dous xogadores do equipo redondelán de Terceira División. Samuel Santos, de 18 anos, e Xian Rodríguez, de 21, xa son xogadores do Rayo Vallecano B.


Como xa fixera nunha operación anterior con Santi Comesaña, do Coruxo, o club de Vallecas volve pescar en augas da ría de Vigo. Agora o Rayo asinou contrato con dous xogadores do C.D. Choco da Terceira División, que xa forman parte do plante do Rayo B. Samuel Santos, de 18 anos, que esta temporada compaxinou a Terceira co Xuvenil Nacional, e que pode xogar tanto de central como de mediocentro defensivo. A tempada pasada xogou no Alondras en División de Honra. Xian González Rodríguez ten 21 anos e suma tres tempadas en Terceira (dúas no C.D. Choco e unha no Céltiga). Xoga de lateral esquerdo, e División de Honra Xuvenil xogou no Val Miñor onde tamén destacaba como como extremo. Desde o club redondelán a directiva despide aos xogadores desexándolle "a mellor das sortes nesta nova aventura" e augurando que este será o principio "dunha carreira de grandes éxitos".

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: