www.radioredondela.com Hoxe é Domingo, 15 de Decembro de 2019

Éxito de participación na Marcha contra o cancro de Redondela
Sociedade • 10/06/2019
Autor: M. X. Queimaliños

Grandes e cativos sumáronse a esta iniciativa da Asociación contra o cancro de Redondela. Unha participación masiva que logrou xuntar a 525 persoas nunha marcha que percorreu oito kilómetros de percorrido entre o paseo do Val do maceira e a Portela. Unha actividade que busca visibilizar a enfermidade ao tempo que recadar cartos para financiar o traballo que esta asociación realiza con enfermos e familiares.


Cinco euros por persoa era a cota de inscrición nunha marcha que superou todas as expectativas reunindo a 525 participantes. Unha achega económica que se destinará a financiar as diferentes actividades que organiza a delegación da asociación en Redondela en cuxa oficina, no Multiúsos da Xunqueira, atenden a doentes e familiares que se achegan a eles na procura de asesoramentos, ben por parte do seu servizo de psicólogos ou de traballadora social. Realizan tamén obradoiros diversos como un taller de maquillaxe ou de axuda para deixar de fumar.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: