www.radioredondela.com Hoxe é Martes, 23 de Xullo de 2019

O Millo Verde medra en Cesantes
Cultura • 7/06/2019
Autor: M. X. Queimaliños

Arranca as dúas xornadas fortes dun festival que ten nos concertos a súa razón de ser malia non deixar de lado actividades en paralelo que buscan atraer a grandes e cativos. Así, en colaboración co Artelixo, organizan esta tarde ás 18:00 horas un obradoiro para os nenos nun día no que os concertos arrancarán ás 19:30 con Habana, unha música que xa non parará ata a madrugada. O sábado a xornada comezará cunha clase de ioga ás 11:30, seguida de balonmán Praia, unha jinkana infantil e moita música con grupos chegados de Arxentina, Estados Unidos, Colombia e diferentes puntos do país. Para facilitar os desprazamentos ponse en marcha un servizo de lanzadeiras, o "Millobus" que funcionará cada hora e os que o desexen poderán usar o "chocochu".


Unha intensa programación que hoxe venres arranca ás catro da tarde coa jam graffiti, á que lle seguirá o obradoiro do Artelixo. A música comezará ás 19:30 con Habana a quen lle seguirán os redondeláns RMS e xa, en horario nocturno, os grupos Tandub (Ourense), Sin a deir Si (Irlanda), The Zongo Brigade (gran Bretaña) e os vigueses Kings of The Beach.


O sábado a programación madruga con actividades dende as 11:30 cunha clase de ioga e unha jinkana infantil. Outras actividades en paralelo será o campionato de balonmán Praia ou o xa tradicional eskalabirras.


Os pratos fortes nesa xornada serán os grupos Fémina (Arxentina), Rebeliom do inframundo (Ponteareas) Goddamn Gallows (Estados Unidos), Ghetto Kumbé (Colombia) e pecharán o festival deste ano os galegos Brigada Sound.


A compañía Autos González pon a disposición dos que queiran achegarse ao festival o Millobus, un servizo que funcionará hoxe e mañá con saídas dende as 18:30 ata as 5:30 da madrugada que funcionará cada hora a un prezo de 1€ por viaxe. Tamén hai a posibilidade de usar o ChocoChu, que ofrecerá este servizo a un prezo de tres euros ida e volta (2€ os nenos) ata as oito da tarde, o venres dende as 16:00 horas e o sábado xa dende a mañá a partir das 11:00 horas.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: