www.radioredondela.com Hoxe é Mércores, 19 de Xuño de 2019

Malestar na Policía Local ante a falta de persoal
Política • 7/06/2019
Autor: M. X. Queimaliños

O sindicato CIG denuncia a situación na que se atopa o servizo da Policía local onde a falta de persoal obriga a cubrir quendas de 24 horas cunha única patrulla. Unha situación produto da falta de axentes que non será resolta alo menos ata finais de 2020 cando está prevista a incorporación de novo persoal. Critican tamén que o goberno estea a realizar nomeamentos no servizo sen "seguir ningún tipo de concurso de méritos ou oposición".


Explican dende o sindicato que o equipo de goberno "designou sen ningún tipo de sistema de concurso de méritos ou oposición, a dous axentes como Oficiais de Policía en comisión de servizos, un dos cales rematada o pasado 31 de maio, logo de dous ano nesa situación, sendo pese a todo, mantido na actualidade. O segundo nomeamento produciuse hai escasos días a proposta deste mesmo Goberno en función".


Unha situación que entenden irregular e que está a xerar malestar entre o axentes da política ao que hai que engadir que polo mesmo sistema tamén foi nomeado o  propio Xefe da Policía Local así como un axente, que foi retirado de prestar servizos na rúa sendo asignado de xeito directo polo Goberno, segundo informan dende Xefatura, sen ofertarse para o resto de axentes "cando se entende que a oficina podería ser un servizo para cubrir por axentes próximos a súa xubilación sen mermar o servizo na rúa".


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: