www.radioredondela.com Hoxe é Venres, 22 de Novembro de 2019

Cesantes enxalza o "carallote"
Cultura • 6/06/2019
Autor: M. X. Queimaliños

Unha festa gastronómica que nacía hai 4 anos co obxecto de poñer en valor un produto que non era demandado polo consumidor por descoñecido: o carallote ou longueirón vello. A Confraría da por logrado o obxectivo inicial logo de que ano tras ano se incremente o número de comensais que para pola lonxa a degustar este produto que se serve preparado en empanada, con arroz ou á prancha. Este ano como novidade prepararanse tamén empanadillas de carallote.


Cesantes acolle esta fin de semana a IV Festa do Carallote, con dúas xornadas festivas que arrancarán na tarde do sábado e que inclúen actuacións musicais e pregón o domingo ao mediodía a cargo do presidente da Federación Provincial de Confrarías de Pontevedra, José Manuel Rosas otero.


Empanadas de trigo e de millo, carallote en salsa ou con arroz caldoso, son as propostas gastronómicas que nesta edición amplíanse coa posibilidade de degustar a longueirón en empanadilla. Un produto que durante anos deuse de lado pero que pouco a pouco vai recuperando a demanda por parte do consumidor doméstico pero tamén dos grandes mercados como Madrid ou Barcelona.


A apertura das casetas para a degustación será ás 18.00 horas do sábado, e o domingo arrancarán xa ás 11.00 horas. Os pratos poderán degustarse na propia carpa instalada na lonxa de Cesantes ou ben levalos para casa. En total cociñaranse 800 quilos de carallote cos que se elaborarán pratos para os máis de mil comensais que confían se acheguen a esta cita gastronómica que inclúe tmaén unha showcookin a cargo do cociñeiro do Gastrobar, música do grupo O Patio, o Trío Armonía e as gaitas do Grupo Airiños de San Simón de Cesantes.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: