www.radioredondela.com Hoxe é Sábado, 19 de Outubro de 2019

Lavado de cara dos Xigantes e Cabezudos
Cultura • 6/06/2019
Autor: M. X. Queimaliños

Co obxecto de reparar os pequenos danos que afectan a estas figuras tan propias das festas da Coca, dende o concello decidiron acometer unha recuperación consistente en reparar aqueles pequenos danos propios do paso do tempo así como acometer  a mellora das súas roupas co obxecto de que estean en perfectas condicións de cara ás inminentes celebracións da Coca. Tamén o noso dragón será sometido a unha "posta a punto". Unha actuación na que se investirán 1.300 euros.


Estas pezas, algunhas elaboradas en talleres turelenses, son bastante propensas a sufrir pequenos danos co uso e o paso do tempo, explican dende a Concellería de Cultura. Así, de xeito habitual, o vestiario das mesmas vaise repondo e actualizando cada ano. Ademais as figuras das cabezas necesitaban xa tamén ser postas en condicións así como a figura da Coca, polo que pasarán por unha posta a punto nestes días previos á festa grande.


Este ano fíxose un esforzo por reparar e lucir a pátina destas pezas, arranxando os pequenos danos e desconchones que xa tiñan co obxecto de protexer e facer perdurar os elementos máis emblemáticos da festa.


Dende o Concello fan tamén un chamamento apra todos aqueles que queiran ser xigantes ou cabezudos e participar así activamente da festa da Coca, a que presenten unha instancia nos rexistros do concello para o sorteo das prazas que terá lugar o vindeiro día 18. A data límite para presentar as instancias é o domingo día 16.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: