www.radioredondela.com Hoxe é Sábado, 19 de Outubro de 2019

Música e cine feminista con Paxaretas no Millo Verde
Cultura • 5/06/2019
Autor: M. X. Queimaliños

A xornada de hoxe tínguese de lila para acoller as actividades que a organización do Millo Verde programa en colaboración co colectivo feminista Paxaretas. Unha programación que inclúe un obradoiro sobre a prostitución, a proxección de catro curtametraxes que abordan este tema e o peche musical a cargo do grupo Flow de Toxo.


No obradoiro impartido ás 19:00 horas abordarase a abolición da prostitución para, de seguido proxectar as curtas "Mente", "Girls of paradise", "Escúchame" e "Un oficio como cualquiera". Pechará a xornada no Espazo Regato a música do grupo de hip hop Flow do toxo, un grupo de mulleres chegadas dende Ponteareas.


A xornada de mañá arrancará xa cos concertos de grupos Andoa, Mad Martin Trío e Sete Cuncas, música folk, rockbilly e rorck brabú na xornada na que tradicionalmente arrancaba o Millo Verde, que este anos ampliou a súa programación coa inclusión das sesións cinematográficas que se veñen desenvolvendo dende o pasado domingo.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: