www.radioredondela.com Hoxe é Sábado, 19 de Outubro de 2019

Maio pecha con 70 parados menos en Redondela
Sociedade • 5/06/2019
Autor: M. X. Queimaliños

O mes de maio é tradicionalmente un mes no que se crea emprego grazas ao impulso da campaña estival. Con esta tendencia, non sorprende que en toda a bisbarra as cifras do paro experimentaran un descenso que se concreta no caso de Redondela cuns datos do emprego que suman 1.668 persoas, 70 menos que no mes anterior. En toda a comarca foron 118 os novos contratos realizados.


Os datos feitos públicos pola Consellería de emprego confirman a tendencia a baixa en cando a número de parados no pasado mes logo dun arranque de ano pouco optimista. Un descenso que malia todo contabiliza 2.582 persoas inscritas nas listas do paro, das cales 1668 son veciñas de Redondela. En Soutomaior a cifra sitúase en 554 logo de que se borraran un total de 26 persoas. Descenso tamén en Pazos de Borbén con 236 parados, 12 menos que no mes anterior e 124 persoas desempregadas son as contabilizadas en Fornelos de Montes, dez menos respecto a abril.  


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: