www.radioredondela.com Hoxe é Domingo, 15 de Decembro de 2019

Os veciños votan, os políticos negocian
Sociedade • 3/06/2019
Autor: Ana Prieto

Despois das eleccións locais do pasado 26M, todo está aínda por decidir en Redondela. O PP gañou, pero non conta coa maioría absoluta, e un pacto dos partidos de esquerda podería conformar goberno. A chave, unha vez máis, tena AER, e os veciños opinan que desta vez apoiarán un goberno alternativo tal e como prometeron en campaña. Pero non todos o teñen claro, e advirten que a Agrupación de Electores terá que "definirse".


O partido de Javier Bas, que mantén os seus 9 concelleiros, está lonxe da maioría absoluta que en Redondela necesita 11 edís. O PSOE suma 7 representantes, AER quedou con 3 e o BNG obtivo 2. O resultado, unha vez máis, sitúa á Agrupación de Electores como chave para a formación do goberno local. Na campaña electoral os grupos de esquerda amosaran a súa disponibilidade a negociar un goberno alternativo no caso de que os populares non lograran a maioría, como finalmente aconteceu. Ábrese agora un período de negociacións que, segundo veciños como Cándido "non será doadas". Nada está aínda decicido aínda e os cidadadáns advirten que despois de que os electores fixeran os seus deberes, agora tócalle aos políticos poñerse de acordo "polo ben de Redondela". Para Carmen o máis importante é que se chegue a un acordo que supoña "un avance e melloras para o municipio, con proxectos que xeren emprego". Os veciños coinciden en que a decisión que adopte AER "será clave" para o futuro goberno de Redondela, e que terán que "definirse". Ao contrario do que prometeran nos comicios de 2015 e 2011, cando AER asegurou que non apoiaría a ningún partido para a investidura, nesta última campaña anunciaron que agora están "dispostos a propiciar un goberno alternativo". Unha promesa á que se aferra Paco, que confía en que en Redondela "goberne a esquerda". Tamén Manuel aposta polo cambio, e advirte a AER que a veciñanza xa os castigou nas urnas, ao baixar de 4 a 3 concelleiros "por permitir un goberno do PP".


No caso de que finalmente non haxa acordo entre os partidos de esquerda repetiríase un goberno en minoría de PP, como nos últimos 8 anos, xa que foron a lista máis votada, como lembra Cándido. Un terceiro mandato de Javier Bas que Paco rexeita. Advirte que despois de 8 anos "xa tiveron tempo para facer o que quixeron", e agora demanda "un cambio" no goberno local. Tamén Carmen entende que "a alternancia é saudable e democrática", polo que entende que se AER considera máis positivo un goberno alternativo de esquerdas "deberían facelo posible".

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código:

Audios relacionados co artigo
Chegar a acordos
Os veciños advirten que o electorado xa fixo o seu traballo e que agora os políticos deben chegar a acordos "polo ben de Redondela".
AER ten a chave
Cándido advirte que a decisión de AER "será clave" para o futuro goberno de Redondela e que terán que "definirse".
Aposta polo cambio
Paco que confía en que haxa un acordo e en Redondela "goberne a esquerda".
A alternancia é saudable
Carmen entende que a alternancia "é saudable e democrática". Di que se AER considera máis positivo un goberno alternativo de esquerdas "deben facelo posible".