www.radioredondela.com Hoxe é Domingo, 17 de Novembro de 2019

Agustín Reguera (PP): "Algo debemos estar facendo ben cando logramos un sétimo mandato"
Política • 28/05/2019
Autor: M. X. Queimaliños

Reguera é un dos alcaldes que máis tempo leva na provincia logo de que este domingo lograra revalidar a súa maioría absoluta nun axustado escrutinio no que a balanza decantouse polo PP  por tan só 43 votos de diferenza co BNG. Un número de papeletas que se traduce en sete concelleiros e, polo tanto, nun novo goberno popular. "Algo estaremos facendo ben cando logramos manter a maioría absoluta malia a tendencia á baixa do PP a nivel xeral".


Entre sos seus obxectivos para este novo mandato, Reguera márcase a necesidade de mellorar os servizos "para que todos eses veciños que elixiron o noso concello para vivir conten con todas as comodidades que demandan". Un dos fundamentais é lograr mellorar o centro de saúde "aínda que non sexa a nosa competencia directa si loitaremos por mellorar as condicións nas que se ofrece ese servizo". Tamén como prioridade apuntan os servizos sociais e programar actividades para a xuventude e os nenos "porque temos un sector da poboación moi nova que debemos atender".


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: