www.radioredondela.com Hoxe é Martes, 23 de Xullo de 2019

As mulleres serán maioría na corporación de Redondela
Política • 28/05/2019
Autor: M. X. Queimaliños

Os resultados das eleccións municipais deixan moitas incógnitas en Redondela, xa que nada está decidido sobre quen se fará finalmente coa alcaldía aínda pendente de posibles pactos postelectorais. Pero o que si está claro é o incremento no número de mulleres presentes na nova corporación, que fará que elas sexan maioría no salón de plenos. Dos 21 concelleiros que conforman a corporación, once serán mulleres.


Nos últimos anos de mandato eran tan só seis as mulleres que formaban parte da corporación en Redondela, unha situación que muda e moito, xa que a partir do vindeiro 15 de xuño (día de celebración do pleno de constitución dos novos concellos) haberá un total de once concelleiras.


Ás candidatas de PSOE, Digna Rivas e de AER, Susana Couñago, hai que engadir outros nomes como os das concelleiras Mª Carmen Amoedo e Mª José Barciela, que repiten como concelleiras do PP. Nese partido tamén se incorporan Carmen Bastos, Noemí Salomón e Sandra Bastos.


No PSOE, ademais da propia candidata incorpóranse a esta corporación as xa concelleiras electas Mª Castro Abad, Marta Alonso e Olga Mª García Ballesteros.


Finalmente, entra tamén outra muller, Jessica García, número dous na lista do BNG, sentará no salón de plenos.


Polo tanto unha corproación moi paritaria na que as mulleres serán 11 fronte a 10 homes.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: