www.radioredondela.com Hoxe é Mércores, 19 de Xuño de 2019

O PP reivindica o novo mural do scalextric
Política • 24/05/2019
Autor: M. X. Queimaliños

Dúas semanas despois das críticas emitidas dende AER e BNG sobre a decisión do concello de Redondela de encargar a un "graffiteiro" o pintado dun dos laterais do scalextric, pintado que supuxo a eliminación do debuxo que decoraba ese muro dende os anos 70, Javier Bas decidiu saír en defensa da nova decoración. Argumenta que o debuxo realizado busca homenaxear a Festa do Choco e se realizou sen intencionalidade política algunha.


Dende hai máis de 50 anos ese tramo final do muro do scalextric amosaba un debuxo no que se recreaba a zona da Marisma previa ao seu aterramento.A actuación encargada polo concello supuxo a eliminación de dita imaxe que foi substituída por unha imaxe marítima co cefalópodo como protagonista. Un feito que AER cualifica como atentado "irreparable contra o patrimonio inmaterial de Redondela" por destrozar unha manifestación cultural popular que lembraba parte da nosa historia e que, dende o BNG, entenden como un intento do PP "por facer desaparecer calquera rastro de rebeldía".


Unha críticas que se producían semana atrás e que volvía escoitarse no debate electoral esta mesma semana. Javiar Bas decide agora manifestar o seu apoio ao novo deseño que segundo dixo acordouse unha vez se comprobou que o debuxo existente non podía ser recuperado.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: