www.radioredondela.com | Hoxe é Domingo, 15 de Decembro de 2019 |
Festival folclórico gastronómico no Piñeiral do Crego
Cultura • 23/05/2019
Autor: M. X. Queimaliños O sábado día 25 de maio a partir das 12:00 horas, a Asociación Cultural de Chapela, celebra un festival folclórico gastronómico con música da nosa terra. Grupos de gaitas, baile, pandeiretas e acordeóns amenizarán esta xornada musical, na que tamén a gastronomía terá o seu espazo. Os organizadores dedicarán esta edición á degustación do tradicional Chouripán e empanadillas caseiras en diferentes variedades. O evento cultural e gastronómico desenvolverase nos exteriores do multiúsos do Piñeiral do Crego. Dende a Asociación Cultural convidan nesta xornada a todos os seus socios a unha consumición gratis, recollendo o seu vale nas oficinas da asociación como data límite nax xornada de hoxe xoves 23 de maio.
|
Comentarios |
|
|