www.radioredondela.com Hoxe é Luns, 19 de Agosto de 2019

Chega a Redondela "Running", unha suorenta comedia
Cultura • 23/05/2019
Autor: M. X. Queimaliños

A Compañía De Ste Xeito Producións actúa este sábado 25 ás 20:00 hroas no Multiúsos da Xunqueira coa obra Running baixo a dirección de Esther F.Carrodeguas e con protagonismo de Stephy Llaryora e Sergio Macías, dous únicos actores que dan vida avinte personaxes. As entradas pódense retirar no Multiúsos da Xunqueira a un prezo de 7 euros público en xeral, 5 entrada reducida.


O Multiúsos da Xunqueira acolle este sábado Running, unha comedia da compañía De Ste Xeito, unha obra que dende a produtora definen como "unha suorosa comedia", e que é a segunda colaboración de Carrodeguas con De Ste Xeito, despois de Loló e Mamá.


En escena, unha actriz e un actor que terán que suar a camiseta para meterse na pel de todas as personaxes desta vertixinosa comedia.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: