www.radioredondela.com Hoxe é Luns, 19 de Agosto de 2019

O Banco de alimentos busca voluntarios en Redondela para a Operación Quilo
Sociedade • 21/05/2019
Autor: M. X. Queimaliños

Están previstas recollidas de comida no Maio Solidario organizado por Gadis o 24 e 25 de maio, así como no Zampakilos Solidario impulsado por Vegalsa-Eroski, o fin de semana do 14 e 15 de xuño. Desde a ONG faise un chamamento para poder desenvolver con éxito estas Operacións Quilo que levarán a cabo en supermercados de toda a provincia. As persoas que queiran colaborar poden chamar ao teléfono 986263022 ou poñerse en contacto coa ONG a través da súa páxina web.


Porriño, Mos, Redondela, Moaña e Pontevedra son as localidades onde aínda se necesitan voluntarios, en concreto, urxe a colaboración dunhas 170 persoas que queiran regalar catro horas do seu tempo nas operacións quilo que se desenvolverán no mes de maio e xuño.


Están previstas recollidas de comida no Maio Solidario organizado por Gadis o 24 e 25 de maio, así como no Zampakilos Solidario impulsado por Vegalsa-Eroski, o fin de semana do 14 e 15 de xuño. Estas dúas Operacións Quilo programadas polas propias cadeas de supermercados, requiren a presenza de voluntarios da entidade.


No caos de Redondela serían necesarias 40 persoas para atender estas recollidas polo que se anima aos interesados a participar da iniciativa doando o seu tempo.


A ONG, creada en 1995, apolítica e aconfesional, dedica os seus esforzos a facer cumprir un dos dereitos humanos máis fundamentais: o acceso a unha alimentación suficiente, segura e saudable de maneira gratuíta. Desde 2014, a entidade conta con delegación propia en Pontevedra.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: