www.radioredondela.com Hoxe é Mércores, 19 de Xuño de 2019

Detido un veciño de Redondela por un presunto delito de malos tratos
Sucesos • 20/05/2019
Autor: M. X. Queimaliños

Un home de 40 anos foi detido logo de que a súa parella puxera unha denuncia na policía local por ameazas graves e constantes e agresións físicas. O detido foi trasladado a dependencias da Policía Nacional de Vigo e pasará a disposición xudicial.Os feitos producíanse na tarde noite do domingo cando unha muller, veciña da parroquia de Quintela, presentábase nas oficinas da Policía Local de Redondela para presentar unha denuncia contra a súa parella.


Segundo explicaba a muller, a súa parella, que acababa de regresar do estranxeiro onde se atopa traballando, xa a ameazara previamente a través do wassap e, unha vez en Redondela proferira contra ela ameazas de morte.


O propio autor dos feitos personouse na Policía con intención de disuadir a muller para que retirase a denuncia. Con todo, unha vez alí, os axentes procederon a súa detención e posterior traslado as dependencias da policía nacional de Vigo.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: