www.radioredondela.com Hoxe é Venres, 18 de Outubro de 2019

Os títeres regresan ao baul
Cultura • 20/05/2019
Autor: M. X. Queimaliños

O Festival Internacional de Tïteres pechou a súa vixésima edición con milleiros de persoas nas rúas e co cartel de "entradas esgotadas" nas funcións de sala. O tempo finalmente acompañou e non foi necesario trasladar ningún dos espectáculos organizados durante a fin de semana, nun festival que concedeu nesta edición unha especial relevancia ás funcións itinerantes. A música de Paco Nogueiras e o seu Radio BuleBule puxo ritmo a última xornada de celebracións con dúas funcións na pista da Xunqueira.


Intensa fin de semana en Redondela con moita festa na rúa durante as últimas tres xornadas nas que os títeres foron protagonistas indiscutibles.  Compañías que regresaron ao noso concello para celebrar a vixésima edición dun festival que quixo dar unha maior relevancia ás actividades de rúa cos itinerantes "Granujas a todo ritmo", os bonecos de tamaño humano de Les Constes D´Asphaldt, os Cabalos de Menorca ou os coches malvados de Xip Xap Teatre. Precisamente estes últimos amenizaron o roteiro que regresou a Portela, un percorrido ata o centro da vila na que os cativos e cativas acudiron disfrazados para facer realidade que "Redondela é un conto".


A antoloxía de Jordi Beltráns foi o espectáculo elixido para pechar as funcións no Multiúsos  mentres que na rúa era un xigantesco flamengo mecánico o que percorría o centro da vila para despedir o festival ata o ano que vén.   


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: