www.radioredondela.com Hoxe é Xoves, 9 de Xullo de 2020

O PP insta ao goberno local a axilizar a recuperación da nomenclatura nas rúas do concello
Cultura • 2/08/2010
Autor: M. X. Queimaliños

Aseguran que se están a producir problemas no reparto da correspondencia, unhas incidencias que o concelleiro de urbanismo recoñece que se produciron en Chapela aínda que os atribúe ao "mal facer" dos traballadores de Correos nesa parroquia


O edil socialista Emilio González Iglesias, asegura que o proceso se está a desenvolver con normalidade e coa velocidade propia dunha medida que supón un elevado custe e un longo procedemento, xa que a concelleira responsable de interior está a xuntarse coas asociacións veciñais das diferentes parroquias para tentar recuperar a toponimia tradicional de lugares, rúas e barrios do concello.


Unhas explicacións que non convencen aos populares quen acusan ao goberno de excesiva lentitude no cambio da nomenclatura o que, segundo afirma o popular Alberto Pazos, está a provocar problemas sobre todo no reparto de correo en Chapela, Santa Mariña, Cesantes e outras parroquias do municipio.


González Iglesias si confirmou a existencia de problemas e erros no reparto en Chapela pero asegurou que se deben ao "mal facer de correos" que segundo o edil de urbanismo estarían a torpedear a medida.

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: