www.radioredondela.com Hoxe é Venres, 19 de Xullo de 2019

Samertolameu e Mecos fixéronse cos títulos na regata de traiñeiriñas disputada en Cesantes
Deporte • 13/05/2019
Autor: Ana Prieto

Os mellores resultados para o remo local foron na categoría xuvenil masculina, co bronce para Chapela e a cuarta posición para Cesantes. A enseada acolleu onte a proba do territorial sur coa disputa das Bandeiras Ragovi e a Rodavigo.


A primeira, destinada á categoría feminina, foi para Mecos e a segunda, na categoría masculina, recaeu en Samertolameu, mentres que Tirán Pereira fíxose cunha prata e unha vitoria nas regatas sénior. A xornada comezou coa proba feminina, na que se deron cita sete embarcacións con dominio de Mecos, que superou en tres segundos a Tirán. Samertolameu completou o podio ao cruzar a chegada a 16 segundos do barco gañador. A continuación chegou a quenda das embarcacións de idade xuvenil, nas que Samertolameu mantivo a súa fortaleza cunha nova vitoria, neste caso, por unha marxe de sete segundos sobre Mecos. Na terceira posición finalizou Chapela, pero lonxe do dúo gañador, mentres que Cesantes tivo que conformase coa cuarta praza. Na proba sénior masculina viviuse un regata de moita rivalidade entre Tirán e Bueu. O club do Con obtivo a vitoria tras dous longos moi igualdados ao meter tres segundos ao rival no terceiro tramo e conservar a renda na final. Samertolameu mantívose na regata e, finalmente, foron terceiros por 38 centésimas. Un resultado que, sumado ao triunfo xuvenil, permitiu ao club facerse coa Bandeira Rodavigo. O venres, día 17, a cita das traiñeiriñas será en Meira, coa Bandeira Samertolaméu. A continuación os días 18 e 19 maio dispútanse os Campionatos Territoriais Norte e Sur.

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: