www.radioredondela.com Hoxe é Domingo, 21 de Xullo de 2019

A Agrupación de Electores de Pazos de Borbén denuncia irregularidades no censo electoral
Política • 13/05/2019
Autor: M. X. Queimaliños

Entre as irregularidades detectadas aseguran que hai varios xogadores de fubito empadroados na residencia da terceira idade "Mi Casa" da parroquia de Amoedo. Alternativa Veciñal tamén apunta outros casos rechamantes como que na casa do actual tenente de alcalde, que segundo se pode comprobar no catastro consta de 95 m cadrados de vivenda, figuren residindo 11 persoas ou que o arquitecto técnico municipal, quen non reside no concello, figure empadroado nun restaurante da zona.


Denuncia dende a Agrupación de Electores de pazos que no centro da terceira idade da localidade constan empadroadas, ademais de numerosas persoas maiores, varias persoas mozas, "case todas elas vinculadas ao mundo do fútbol sala e ao concelleiro de deportes e adestrador Francisco Amoedo Lorenzo", así como tamén "cando menos dúas persoas contratadas polo concello, no servizo de prensa e nun contrato temporal dun posto de administración".


Trátase, segundo o voceiro de Alternativa, "de alteracións fraudulentas do censo co ánimo de influír no resultado electoral". Cualifica estas actuacións de carentes de toda ética e impropias de cargos públicos e seguramente debidas a que "o PP ten nestes momentos auténtico pánico a perder o goberno". Pero, conclúe Otero, "non todo vale, e persoas que con tal de obter un beneficio para si mesmas son capaces de todo, non son de fiar para xestionar un concello".


Alternativa Veciñal sinala que non deixará correr estes feitos e que presentará denuncia diante das autoridades competentes.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: