www.radioredondela.com Hoxe é Domingo, 21 de Xullo de 2019

Atopan morto un home de 43 anos na vivenda na que residía en Chapela
Sucesos • 13/05/2019
Autor: M. X. Queimaliños

Veciños do inmoble na Avenida de Vigo alertaron á policía local do forte cheiro que desprendía da vivenda. Unha vez dentro atoparon morto ao inquilino, un home de 43 anos de idade e natural de Murcia, quen se trasladara a Chapela hai aproximadamente un ano. Todo apunta a unha morte por causas naturais.


Veciños deste edificio do número 184 da Avenida de Vigo en Chapela alertaban na tarde noite do domingo do forte cheiro que desprendía o inmoble, ao tempo que informaban de que levaban varios días sen ver ao inquilino. Axentes da policía puxéronse en contacto co propietario e procederon a entrar na vivenda, onde atoparon a este home que tería falecido tres días atrás.


O falecido, natural de Murcia, vivía só en compañía de dous gatos e todo apunta a que o falecemento se tería producido por causas naturais, malia que as investigacións están agora en mans da Policía Nacional.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: