www.radioredondela.com Hoxe é Xoves, 9 de Xullo de 2020

Récord de participación no campionato de fútbol sala con 47 equipos
Deporte • 2/08/2010
Autor: M. X. Queimaliños

500 rapaces de entre 4 e 13 anos participan na XXVIII edición do campionato infantil, alevín, benxamín e promesa que se vai disputar durante todo o mes na pista da Xunqueira.


Os equipos inscritos, un total de 47 o que supón récord absoluto nesta XXVIII edición, proceden maioritariamente de Redondela, aínda que tamén hai unha presenza destacada de equipos de Vilaboa e dúas participacións internacionais, xa que hai dous equipos formados integramente por nenos saharaiuis que están a pasar as súas vacacións no noso concello en familias de acollida


Os partidos disputaranse na pista da Xunqueira, sendo o primeiro da tarde ás 19:30 horas ata as nove e media o último do día. Un calendario moi apertado polo incremento notable no número de equipos o que fai que dende a organización crucen os dedos para que non chova e o mal tempo obrigue a adiar os encontros e buscar novas datas.


Onte tiña lugar a primeira das xornadas onde xa se puideron ver xogadas interesantes que fan prever unha boa canteira no fútbol sala.

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: