www.radioredondela.com Hoxe é Venres, 19 de Xullo de 2019

Redondela prepárase para a invasión dos títeres
Cultura • 10/05/2019
Autor: M. X. Queimaliños

O Festival Internacional de títeres arrancará a súa vixésima edición este luns cunha intensa programación que se prolongará ata o domingo 19. En total, 31 compañías de Perú, Bélxica, Francia, El Salvador, Arxentina, República Checa, Madrid, Cataluña, Aragón ou Castela e León e por suposto, Galicia, compoñen o cartel deste ano no que non os monicreques e as actuacións musicais serán as protagonistas. Non faltará outra cita xa obrigada, o paseo titiriteiro que este ano se celebrará o domingo pola mañá dende a Portela co título "Redondela é un conto". Iso si, todo condicionado por un tempo que se anuncia revolto a partir do 17.


A XX edición do Festival Internacional de Títeres de Redondela encherá as prazas e rúas da vila do mellor teatro de monicreques do mundo do 13 ao 19 de maio. Un total de 31 compañías da máis variada procedencia comporán o programa deste ano, que inclúe campaña escolar, programación de sala e espectáculos de rúa o Día das Letras Galegas e máis na fin de semana.


Ademais, para festexar os 20 anos do Festival, a estrutura habitual da programación verase reforzada e enriquecida por un maior número de espectáculos itinerantes e concertos familiares, que veñen a poñer en valor esta edición, e que inclúe representacións musicais de A Gramola Gominola, Radio BuleBule ou Cé Orquestra Pantasma, entre outros.


A programación arrancará como sempre con propostas matinais enmarcadas na programación escolar, pero xa na tarde noite do martes poderemos achegarnos ao Multiúsos onde se proxectará o documental "20 anos... non é nada".


Inés Pasic de Perú coa obra "Desde el Azul" será a encargada de inaugurar as actuacións titiriteiras para todos os públicos o mércores ás 21:00 horas. Na mesma hora o xoves actuará a arxentina Valeria Guglietti con "Ao años de sombras" e xa o venres, se o tempo o permite, toda avila será un inmenso escenario ao aire libre no que poderemos gozar das actuacións itinerantes, actuacións titiriteiras e música para todos os públicos.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: