www.radioredondela.com Hoxe é Martes, 23 de Xullo de 2019

Condenado a sete anos o home que tentou matar o seu fillastro cun revolver en Arcade
Sucesos • 10/05/2019
Autor: M. X. Queimaliños

O acusado, antes de disparar, acusou á súa muller e ao fillo desta de manter unha relación incestuosa. Feitos que aconteceron en setembro do 2017 e que o acusado, Fernando Constante Martínez recoñeceu na Audiencia de Pontevedra. A sentencia condénao a seis anos de prisión por un homicidio en grao de tentativa e un ano por tenencia ilícita de armas.


Ademais, aceptou abonar unha indemnización de cinco mil euros, así como oito anos de afastamento. Como consecuencia do acordo co fiscal, leste accedeu a rebaixar a cualificación de asasinato en grao de tentativa a homicidio, así a aplicar a atenuante de confesión.


Os feitos remóntanse ao 3 de febreiro de hai dous anos en Arcade cando o procesado acusou á súa muller e ao fillo desta de manter unha relación incestuosa. Nun momento dado, esgrimiu un revolver que fora manipulado e realizou un primeiro disparo, pero a arma non detonou, mentres que un segundo proxectil impactou no teito.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: