www.radioredondela.com Hoxe é Xoves, 9 de Xullo de 2020

Os peregrinos invaden Redondela
Sociedade • 2/08/2010
Autor: M. X. Queimaliños

O acento andaluz foi o máis escoitado esta fin de semana no centro da vila, xa que foron centos os peregrinos procedentes das provincias andaluzas os que fixeron noite nas instalacións habilitadas para tal fin. Hoxe espérase a chegada de 400 camiñantes de Cataluña


Así, na xornada do sábado foron 900 os peregrinos que no seu camiño cara Santiago pararon no noso municipio. Procedentes de Córdoba, Málaga e Jaén foi preciso habilitar os pavillóns de Redondela e Reboreda así como os pavillóns dos Intitutos Mendiño e San Simón.


Na xornada de onte domingo eran preto de 1.100 persoas os camiñantes de Sevilla, Huelva, Cádiz e Granada os que fixeron descanso en Redondela.


E o camiño portugués neste ano Santo parece que ten cada vez máis adeptos, quizais pola saturación do resto dos traxectos, nomeadamente o camiño francés, xa que hoxe os pavillóns de Redondela e as instalacións do instituto illa de San Simón estarán novamente ateigadas, nesta ocasión con 400 camiñantes que proceden de Cataluña.

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: