www.radioredondela.com Hoxe é Martes, 23 de Xullo de 2019

As traiñeiriñas de Redondela reman na casa
Deporte • 8/05/2019
Autor: Ana Prieto

Este domingo o C.C.D. Cesantes organiza a regata de traiñeiriñas na que se disputan a Bandeira Rodavigo e a Bandeira Ragovi, nas categorías masculina e feminina respectivamente. Será a partir das 11.00 horas no peirado de Cesantes. Na proba participarán preto de 40 embarcacións, entre elas aos dos clubes de Cesantes e Chapela.


A regata será a catro largos e catro ciabogas, e participarán as categorías xuvenil e absoluta masculina, e a absoluta feminina. Na pasada fin de semana, na I Bandeira do Alvariño, as traiñeiriñas de Redondela colleitaron dúas medallas, unha prata para o club de Chapela e o bronce para Cesantes, nos dous casos na categoría xuvenil. Jorge Rodríguez, presidente do Círculo Cultural e Deportivo de Cesantes, confía en que os barcos do club poidan facer "un bo papel" nesta regata "diante do seu público". A celebración da Bandeira de Cesantes coincide coa celebración en Redondela da Festa do Choco, no que será un domingo de marcado carácter gastronómico e deportivo. Rodríguez anima a todos os veciños e afecionados ao remo a que se achegan ao peirao de Cesantes para presenciar a regata e "gozar dunha xornada festiva". Un día antes, o sábado, o remo redondelán participará na Bandeira Concello de Bueu a partires das 17.00 horas.

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: