www.radioredondela.com Hoxe é Xoves, 9 de Xullo de 2020

Ferida leve unha veciña de Pazos nun incendio na cafetería Mendiño
Sucesos • 2/08/2010
Autor: M. X. Queimaliños

Un pequeno escape de gas provocou unha explosión. A laparada causoulle a unha moza, que estaba a realizar labores de limpeza na cociña do bar, queimaduras de primeiro grao no brazo. O lume foi sufocado pola Policía Local e efectivos do Grumir


Un lume na cociña dun bar de Redondela causou onte queimaduras de primeiro grao a unha veciña de pazos de Borbén, Yolanda C.C. cando estaba a realizar labores de limpeza no establecemento. O suceso produciuse ás 20:15 na cafetería Mendiño cando a moza soltou de forma accidental a conducción dunha bombona de butano e produciuse un fogonazo que lle provocou  queimaduras nun brazo


Unha patrulla da Policía Local e do Grumir apagoron o lume con tres extintores e retiraron as bombonas para evitar que se producira unha explosión. A muller ferida foi trasladada a un centro hospitalario para ser atendida das lesións que lle provocara o lume.

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: