www.radioredondela.com Hoxe é Venres, 18 de Outubro de 2019

Peregrinos e veciños reclaman maior seguridade viaria na N-550 na zona do Muro
Sociedade • 6/05/2019
Autor: Ana Prieto

Os milleiros de peregrinos que cada ano percorren o Camiño Portugués teñen que cruzar a N-550 sen ningún tipo de seguridade á súa chegada a Redondela. O mesmo lle acontece aos veciños desta zona do Muro, que levan anos reclamando un paso de peóns regulado por semáforos para atravesar a estrada de xeito seguro.


A elevada densidade de tráfico que se rexistra nesta zona, e alta velocidade á que circulan algúns vehículos, fai que cruzar a N-550 nesta zona sexa unha práctica "de alto risco". Un perigo ao que teñen que enfrontarse a diario os numerosos peregrinos que se dirixen a Santiago polo Camiño Portugués, como ó o caso de Patricia, unha moza lusa que advirte do "complicado e perigoso" que é cruzar a estrada neste punto para seguir a súa ruta. Os peregrinos que chegan a Redondela pola marxe esquerda da N-550 en sentido descendente atópanse cun sinal que lles indica que deben atravesar a estrada. A indicación está situada "xusto enriba dunha curva", como explica Lucila, que vive nunha casa ao pé da estrada. Esta veciña advirte que calquera día "vai acontecer unha desgracia" porque o sinal está nunha zona "moi perigosa e sen visibilidade para que os peregrinos crucen". Esta falta de seguridade é un perigo non só para os peregrinos, senón tamén para os veciños da zona, que se ven obrigados a cruzar a estrada a diario.


Á falta de seguridade para cruzar súmase a actitude dalgúns condutores, que non respectan os límites de velocidade nin as normas de tráfico. Aurora, que vive nunha casa na zona do Muro, asegura que as infraccións "son constantes". A sinalización vertical instalada polo Ministerio de Fomento hai dous anos para reforzar a seguridade viaria á altura do convento de Vilavella "é insuficiente e inadecuada", segundo os usuarios. Como solución ao problema, a veciñanza leva anos demandado que se instale na zona do Muro un paso de peóns regulado por semáforos, pero esta reclamacións aínda non tivo resposta. Tamén poderían estudarse rutas alternativas, como a que propón a Agrupación de Electores de Redondela, que consistiría en desviar parte do Camiño de Santiago pola senda do río Maceiras.

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código:

Audios relacionados co artigo
Patricia peregrina
Esta moza portuguesa advirte do "complicado e perigoso" que é cruzar a estrada neste punto para seguir a súa ruta.
Lucila veciña
Esta veciña advirte que calquera día "vai acontecer unha desgracia" porque o sinal está nunha zona "moi perigosa e sen visibilidade para que os peregrinos crucen".
Un perigo para peregrinos e veciños
Esta falta de seguridade é un perigo non só para os peregrinos senón tamén para os veciños da zona que se ven obrigados a cruzar a estrada a diario.
Paso de peóns con semáforo
A veciñanza leva anos demandado que se instale na zona do Muro un paso de peóns regulado por semáforos pero esta reclamación aínda non tivo resposta.
Infraccións dos conductores
Aurora explica que a situación complícase aínda máis pola actitude dalgúns condutores que non respectan os límites de velocidade nin as normas de tráfico.