www.radioredondela.com Hoxe é Martes, 19 de Novembro de 2019

Unha escultura de Xan Carallás na Alameda rememora ao que fora "fundador de Redondela"
Cultura • 3/05/2019
Autor: M. X. Queimaliños

Protagonista da copla popular  "Aquí fas quen sempre fas/ Aquí fas quen sempre vela/ Aquí fas Xan Carallás/ Fundador de Redondela", este personaxe de orixe incerta conta xa cunha escultura propia na céntrica Alameda Castealo. A figura foi obra do escultor Juan Vázquez Pérez e foi iniciativa da peña redondelá Xán Carallás. Contou co apoio do Concello.


Unha figura que foi inmortalizada en papel polo gran Daniel Rodríguez Castelao que tería feito a caricatura logo de que así llo pediran un grupo de amigos nunha das visitas que o escritor, político e debuxante fixo a Redondela. Agora esa popular imaxe foi recreada nesta escultura que loce dende esta semana na Alameda.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: