www.radioredondela.com Hoxe é Domingo, 20 de Outubro de 2019

Desconvocan a protesta en defensa do servizo da Policía Nacional ao non concederlles autorización
Sociedade • 30/04/2019
Autor: M. X. Queimaliños

A subdelegación do Goberno en Pontevedra non concedeu autorización para a concentración, convocada por un grupo de veciño e que se ía celebrar na tarde de hoxe, ante as oficinas da Policía Nacional de Redondela. Con esta mobilización pretendíase protestar contra o traslado a Vigo do grupo de Seguridade Cidadá. Os organizadores da mobilización explican que a subdelegación xustifica a súa decisión ao considerar que "non se cumpre co criterio de urxencia".


Ante esta situación, decidiron desconvocar a protesta ata concretar unha nova data máis adiante. O sindicato Unión Federal de Policía (UFP), que expresara o seu apoio á concentración, cualificou de vergoñenta a decisión da subdelegación de non autorizar o acto.


Unha subdelegación que asegura que os cambios organizativos que comezarán a aplicarse esta mesma semana non suporán ningunha perda de servizos para Redondela. Mentres os sindicatos alertan que a integración do grupo de seguridade cidadá na Comisaría de Vigo implicar unha perda de efectividade da policía ao ter a súa base máis afastada e ao non coñeceren os axentes o territorio, dende a Subdelegación insisten en que a oficina de denuncias seguirá funcionando de 8:00 a 14:00 horas e haberá tamén un funcionario en horario de tarde para atender as necesidades urxentes.


Aseguran tamén a subdelegada, Maica Larriba que  no aspecto de seguridade cidadá os efectivos manteranse como ata o de agora, cos mesmos vehículos e efectivos, permanecendo en todo momento no termo municipal, pero simplemente integrados no mando da Comisaría de Vigo.


Acusa ao alcalde, Javier Bas, de empregar a seguridade cidadá como arma electoral cando foi informado ata en dúas ocasións de que os cambios organizativos non suporán un peche de instalacións ou unha diminución na seguridade.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: