www.radioredondela.com Hoxe é Venres, 18 de Outubro de 2019

A candidata de Ciudadanos, Paqui Canal descarta dar o seu apoio a un goberno do PP en Redondela
Política • 26/04/2019
Autor: M. X. Queimaliños

"Non imos apoiar un grupo de goberno que en 8 anos non fixo nada", así de tallante amósase a que fora candidata e voceira do PP na corporación de Redondela dende o 2003 ao 2011, á hora de valorar un posible pacto PP-Ciudadanos no caso de que o partido de Javier Bas non logre a maioría e necesite de apoios para gobernar. Asegura Canal que respondeu a chamada de Ciudadanos "porque eu sempre estiven no centro". Na súa candidatura conta co apoio do presidente da comunidade de Montes de Trasmañó, Fernando Magdalena, como número dous.


O presidente da comunidade de Montes de Trasmañó, Fernando Magdalena ocupa o número dous da lista que preside Paqui Canal "unha persoa que sería a idónea para xestionar o departamento de Cultura". A avogada Patricia Sánchez ocupa o número tres e no catro atopamos a Begoña Rodríguez. Nos número cinco e seis atopamos ao profesor de taichí Francisco Tilve é a Antonio Monteagudo.


Unha lista coa que non se marca obxectivos "acabamos de arrancar e non queremos marcarnos límites, pretendemos lograr unha maioría importante que nos permita desenvolver o noso plan estratéxico".


Máis clara é á hora de valorar posibles pactos electorais, asegura que están dispostos a falar con aqueles que estean abertos a asumir o seu programa, pero descarta apoiar un goberno do PP "Redondela necesita outra liña de actuación, non imos apoiar a un grupo de goberno que está facendo deixazón de funcións". Apunta neste sentido que "as parroquias están en peor estado que hai oito anos" e acusa ao goberno actual de non traballar en temas relevantes como o desmantelamento da Policía Nacional ou o traslado de Servizo Sociais a unhas instalacións axeitadas.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: