www.radioredondela.com Hoxe é Xoves, 9 de Xullo de 2020

Un concerto do Colectivo Xosé Afonso para lembrar a música do Zeca
Cultura • 30/07/2010
Autor: M. X. Queimaliños

Xico de Carinho, Xan López e Tino Baz son algúns dos músicos que se subirán ao escenario mañá sábado ás 23:00 horas na Casa da Torre para homenaxear ao cantautor portugués Zeca Afonso.


Unha actividade incluída dentro do programa que está a desenvolver o colectivo Despiste de Redondela e que inclúe ademais unha exposición que se poderá visitar no albergue de peregrinos na primeira quincena de agosto onde se recompilan fotografías e documentos xornalísticos.


Xico de Carinho destaca do Zeca, con quen compartiu escenario e amizade, o forte compromiso cos tempos que lle tocaron vivir, situacións que se trasladaron inevitablemente ás letras das súas cancións. Fala sobre todo dun home marcado pola solidariedade

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: