www.radioredondela.com Hoxe é Venres, 19 de Xullo de 2019

O BNG reclama a rotonda dos Valos "que se podería financiar co recadado nese punto por tráfico"
Política • 25/04/2019
Autor: M. X. Queimaliños

Dende a forza nacionalista, consideran que "non houbo unha aposta por parte das forzas estatais  pola seguridade viaria " no que é un dos puntos negros da provincia. Lembran que por esta intersección, confluencia de tres concellos e estradas provinciais e estatais, circulan arredor de 15.000 vehículos diariamente e que "malia as limitacións de velocidade, rexístranse a cotío situacións potencialmente perigosas".


Lembran que xa houbo posicionamento do Consello Parroquial de Saxamonde, do propio Pleno de Redondela e diversas iniciativas presentadas no Congreso. "O desinterese de PP, PSOE, e Podemos pola seguridade viaria nesta zona caracterizou a lexislatura, xa que deixaron de presionar para que se tomara en serio" aseguran. Dende a fronte nacionalista critican a "hipocresía" dos responsábeis de tráfico, que manteñen neste punto "un dos radares que máis recadan en Galiza, mentres que se esquecen de construír unha infraestrutura que evitaría poñer en risco a seguridade de moitas persoas".


Aseguran que "coa inversión dun ano do recadado por Tráfico, practicamente levaríase a cabo a obra" e insisten en que "cómpre volver reivindicar a rotonda, con maior forza se cabe, e só será posíbel se a nosa organización volve ter presenza no Parlamento Español".


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: