www.radioredondela.com Hoxe é Domingo, 20 de Outubro de 2019

A expopular Paqui Canal ficha por Ciudadanos e preséntase ás municipais en Redondela
Política • 25/04/2019
Autor: M. X. Queimaliños

A que fora cabeza de lista do PP nos anos 2003 e 2007 regresa a política activa e faino encabezando a lista de Ciudadanos , que logra así ter tamén candidatura en Redondela. Canal competirá con outras cincos candidaturas, a do PP que encabeza novamente o actual alcalde, Javier Bas, a do PSOE que lidera Digna Rivas e a do BNG na que repite Xoán Carlos González. Hai novidades na agrupación de Electores que presenta como cabeza de lista a Susana Couñago mentres que Unidas Podemos acudirá a estes comicios con Enrique Fojo como candidato.


Redondela súmase aos concellos que contarán con candidatura de Ciudadanos, un partido que se alimenta en moitos casos de descontentos procedentes do Partido Popular. Ese é o caso de Redondela, no que a formación laranxa recupera para a política activa a quen fora durante anos a cara visible dos populares, partido polo que se presentara ás eleccións tanto no 2003 como 2007, Paqui Canal.


Novidades tamén ao fronte da Agrupación de Electores que presenta a outra muller como cabeza de lista, Susana Couñago a quen lle sigue Roberto Villar, Daniel Boullosa e José Carlos Orge.


En total, seis candidaturas as que competirán pola alcaldía en Redondela nas que a outra novidade é a do PSOE con Digna Rivas á cabeza, mentres que repiten como candidatos o actual alcalde, Javier Bas polo PP, Xoán Carlos González polo BNG e Enrique Fojo por Unidas Podemos.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: