www.radioredondela.com Hoxe é Xoves, 9 de Xullo de 2020

O PP presenta a nova Xunta xestora presidida polo futuro candidato Javier Bas
Institucional • 30/07/2010
Autor: M. X. Queimaliños

A nova xestora está integrada polos membros do anterior Comité Local, onde destaca a presenza do concelleiro Alberto Pazos. Conta tamén con novas incorporacións que perseguen renovar o partido para afrontar os vindeiros comicios electorais

 


O actual director de Caixa Galicia en Redondela, Javier Bas será o encargado de dirixir o proceso de renovación do PP local que se iniciara a finais do pasado ano coa dimisión da que fora nos últimos anos súa presidenta, Francisca canal.


Na xunta xestora acompañarán a Javier Bas o actual concelleiro Alberto Pazos quen asumirá o posto de secretario de coordinación municipal, mentres que a secretaría xeral e a tesourería queda en mans de Arturo González. A veciña de Chapela Teresa Paris asume o cargo de secretaria de organización e comunicación mentres que a secretaria de xuventude será a veciña de Reboreda Elena Rivas.


Javier Bas apuntou á "unidade, fortaleza e solvencia desta nova xunta xestora, que traballará arreo para afrontar con garantías o reto dos vindeiros comicios electorais". Asegurou que "as novas incorporacións que entran no grupo" serven "para construír un PP máis sólido que asuma con impulso e poderío esta nova etapa en Redondela, xa que, en definitiva, a unidade fai a forza e o obxectivo central é a consecución do Goberno municipal".

Comentarios
carlos
Martes 10 de Agosto de 2010 ás 15:33 horas
Si pero o PSOE eo BNG van baixar votos e vai parecer que Redondela quere un candidato coma Bas.
un da veciñanza
Luns 9 de Agosto de 2010 ás 13:36 horas
o eslogan é moi apropiado. sabedes que unha das poucas novas incorporacions de este home é un tal rebanal que foi nunha lista independente no ano 2003 e que se gabou de sacarlle cos seus votos un concelleiro ao pp. agora volve a estar dentro. si antes o fixeron que non dubiden que poden volver a facelo. esta redondela non ten solución.
sabela gomez
Martes 3 de Agosto de 2010 ás 14:29 horas
A ver que che parece este eslogan pra campaña electoral: JAVIER BAS DE CÚ
dende o outro lado.
Luns 2 de Agosto de 2010 ás 11:13 horas
opusianos e fachas xa estan aquí. viva o rockrall.
[1-4]

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: