www.radioredondela.com Hoxe é Venres, 18 de Outubro de 2019

Marco Antonio Santos: "Asinar un manifesto antifranquista suporá a miña expulsión do exército"
Política • 17/04/2019
Autor: M. X. Queimaliños

Cabo do exército pero tamén activo militante republicano, Marco Antonio Santos, máis coñecido en Redondela como Markos Lareira, atópase actualmente na súa casa tras ser suspendido polo Exército. A sanción débese as súas declaracións nos seus perfís nas redes sociais que o exército investigou a raíz de que a súa sinatura aparecese nun manifesto antifranquista.


O Exército decidiu finalmente suspender de funcións a Marco Antonio Santos, o primeiro militante en activo que asinou un manifesto antifranquista en reacción a unha carta asinada previamente por 160 militares que, nada máis pasar a reserva, escribiron un  texto en defensa do ditador Franco.


Con todo, ese foi tan só o inicio dun proceso que levou a este veciño de Redondela a ser suspendido de funcións. Os motivos: a entrevista que concedeu ao xornal dixital Eldiario.es e as declaración de carácter político que ten vertido a través dos seus perfís nas redes sociais nas que manifesta comentarios pouco respetuosos cara a Coroa ou cara algunhas formacións políticas.


Actualmente ten un expediente aberto por parte do exército que ao seu entender acabará coa súa suspensión definitiva do corpo.


Malia as consecuencias a nivel persoal que poida ter o seu comportamento e as súas declaración públicas, Marco Santos non se arrepinte de ter dado ese primeiro paso que supuxo o inicio da súa "persecución", o manifesto antifranquista: "temos que parar a eses militares que defenden un estado ditatorial".


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: