www.radioredondela.com Hoxe é Luns, 27 de Maio de 2019

AER denuncia que o concello pagará 17.000€ por alugar dez "walkie talkies" que custan 4.000
Política • 17/04/2019
Autor: M. X. Queimaliños

A Agrupación de electores acusa deste malgasto económico tanto ao Concelleiro de interior, Arturo González, como ao propio alcalde, Javier Bas. Aseguran ademais que dende o goberno local sempre lle negaron a existencia do contrato no que se comprometen a abonar a empresa "Radiospectrum" un total de 17.000 euros en dous anos en concepto de servizo de alugueiro dos aparellos de  radiocomunicación ("walkie talkies") que utiliza a Policía Local de Redondela.


Engaden dende AER que Arturo González, malia carecer de competencia nese ámbito, tería firmado o contrato mediante o cal o Concello paga polo alugueiro de cada terminal nun ano o dobre do prezo de venta dun terminal novo.


O contrato firmouse por un ano prorrogable se ningunha das partes o denuncia "curiosamente dende "Radiospectrum", a pesar de ter problemas para cobrar as facturas (chegou a acumular ata sete, e seis de elas foron aboadas o 31 de decembro de 2018), en ningún momento renunciou ao contrato". Cando se cumpran os dous anos de contrato, o Concello terá pagado polo aluguer de cada terminal catro veces o seu valor. Este é o prezo "axeitado" segundo lle transmitiu aos representantes de AER o alcalde e concelleiro de Economía, Javier Bas.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: