www.radioredondela.com Hoxe é Xoves, 20 de Xuño de 2019

Rutas pola enseada para promover o turismo e dar a coñecer o traballo de pescadores e mariscadoras
Sociedade • 17/04/2019
Autor: M. X. Queimaliños

Da man da asociación Amarturmar, creada por seis mariscadoras e mariñeiros de Cesantes, nace nesta Semana Santa unha nova iniciativa que busca dar a coñecer entre os turistas o traballo que desenvolven no interior da ría tanto as mariscadoras como os pescadores que traballan en Redondela. O primeiro dos percorridos leva por nome "o Choco de Redondela" e ten un prezo de 15 euros.


As visitas realizaranse en barcos con capacidade para dez pasaxeiros e ten unha duración de dúas horas. Os horarios das saídas dende o peirao de Cesantes son cada día ás 9:00, 11:30, 16:00 e 18:00 horas previa reserva a través do correo Amarturmar@gmail.com ou no teléfono 621 02 07 75.


O principal obxectivo desta iniciativa é promover un turismo sostible que permita aos visitantes coñecer as actividades profesionais relacionadas co mar, xa que coñecerán de primeira man como traballan os mariñeiros e as mariscadores que faenan na zona.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: