www.radioredondela.com Hoxe é Domingo, 22 de Setembro de 2019

Recoñecemento á nadadora Loira Fernández e recepción ás campioas do balonmán universitario
Deporte • 16/04/2019
Autor: M. X. Queimaliños

A moza redondelá acadou o primeiro posto no Campionato Galego de Natación Adaptada na categoría de 50 e 100 metros celebrado no inicio de mes na Cañiza. Os responsables municipais recibiron tamén ás xogadoras de balonmán Carla Abad, María Pexegueiro, Lara Patiño, Xeila Fervenza e Sara Carril quen veñen de facerse co título de campioas de España Universitarias femininas de balonmán.


Nos primeiros días do mes de abril disputábase na Cañiza o XXV Campionato Galego de Natación Adaptada que organizaba un ano máis a Federación Galega de Deporte Adaptado (FGDA). A redondelá Loira Fernández Guardiola elexía nadar as distancias de 50 e 100 metros acadando nas dúas o primeiro posto. Unha fazaña deportiva que era recoñecida polo responsables municipais nun acto con presenza do alcalde, Javier Bas e o concelleiro de deportes, Julio Alonso no que a nadadora, con síndrome de down, aproveitou para demandar a inclusión non só no ámbito do deporte, senón en calquera outro.


Por outra banda, os responsables municipais recibiron tamén a Carla Abad, María Pexegueiro, Lara Patiño, Xeila Fervenza quen xunto con Sara Carril eran as representantes redondelás no equipo universitario que se vén de proclamar campión de España na liga Universitaria Feminina logode vencer ao Valencia por 26-23. As xogadoras puxeron de manifesto a boa saúde da que goza o deporte feminino na vila de Redondela.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: