www.radioredondela.com Hoxe é Xoves, 20 de Xuño de 2019

O fortín de Santa Mariña tamén pode co Compostela
Deporte • 15/04/2019
Autor: Ana Prieto

O Choco gañou onte ao vixente campión de Terceira e mantense invicto na casa. O equipo redondelán está só a dous puntos da promoción de ascenso. Na Primeira Autonómica o Arcade gañoulle á Guía, e na Segundo perderon o Atl. Vilar e o Cesantes. No balonmán de Primeira Nacional o Rodosa Chapela impúxose ao Camariñas.


Terceira División


Choco 2-0 Compostela


Aínda ninguén foi quen de gañarlle ao Choco en Santa Mariña. Os homes de "Gonza" amósanse intratables na casa, e onte volveron demostralo ante un dos equipos máis fortes da categoría. Tras un primeiro aviso de Félix, que Sergio Pereira sacou baixo paus, Antón Vilas volveu exercer de goleador cun lanzamento cruzado. Xa na segunda metade sentenciou Félix logo dunha gran acción de Comis. O triunfo permite ao Choco seguir medrando, e xa están só a dous puntos do "play-off". Na próxima xornada visitan o campo do Arousa, que está un posto por riba dos redondeláns cun punto máis.


Choco: Cortegoso; Yerai, Aitor Cañedo, Samu, Jacobo Lazcano; Caloi (Yago, min. 87), Nacho; Comis (Cora, min. 75), Félix, Vilas (Gabi Misa, min. 85); e Gabri.


Compostela: Lorenzo; Sergio Pereira, Piscu, David Uña, Álvaro Naveira; Mon, Marcos Remeseiro (Álex Ares, min. 63); Miki (Rubén, min. 78), Josiño, Abelenda (Santi, min. 63); e Aythami.


Goles: 1-0, min. 39: Vilas; 2-0, min. 49: Félix.


Primeira Autonómica



Arcade 2-0 A Guía


Partido con moito ritmo que logrou levar o Arcade, que busca o ascenso Adrián Buján adiantou aos seus e tivo o segundo cun tiro ao pau. Na segunda metade, foi Eloy o que sentenciou. Manteñen a 4ª praza, na próxima xornada visitan o campo do Mos, na parte baixa da táboa.


Segunda autonómica



Santa Mariña 9-0 Atlético Vilar


Os de Mon Sanromán baixan á 9ª posición logo da goleada sufrida no campo do Santa Mariña, un dos equipos máis fortes do grupo. Na próxima xornada reciben en San Martiño ao Gondomar, 7º na táboa.


Poio 3-1 Cesantes


O Cesantes baixa ao 14º posto logo da derrota en Poio ante un dos rivais directos pola permanencia. Na próxima xornada reciben ao pechacancelas, o Ponte Arnelas.


Terceira Autonómica



Chapela 0-2 Arenas Alcabre


Tanto Chapela como Alcabre queren o ascenso. Dous goles de Jorge, nos minutos finais, deron unha vitoria que deixa aos vigueses a unha vitoria de lograr o obxectivo de xogar o "play off" que xa ten garantizado o Chapela, que é 4º. Na próxima xornada visitan o campo do pechacancelas, o Oiense.


Nespereira 2-4 Balaídos


Partido igualado na primeira metade, que rompeu na segunda. O Balaídos cometeu erros atrás ao principio, pero corrixiunos e levou os tres puntos. O Nespereira, no pozo da táboa, xogará o próximo partido no campo do S.Roque Casablanca.


Balonmán Primeira Nacional Masculina



Chapela 36-28 Camariñas


Os de Fran Teixeira fixéronse co triunfo ante o seu público no que foi o último partido de Pablo Casal en Chapela. Despediuse dos seus afeccionados ao retirarse esta tempada (aínda que xogará o próximo partido na Cañiza).

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: