www.radioredondela.com Hoxe é Xoves, 23 de Maio de 2019

Bas marca como obxectivo a maioría absoluta cun equipo que conxuga xuventude e experiencia
Política • 15/04/2019
Autor: M. X. Queimaliños

A Alameda de Redondela foi o escenario elixido polo actual alcalde para presentar a súa candidatura coa que persegue revalidar a alcaldía e facelo acadando un goberno en maioría. "Necesitamos un goberno forte que defenda unha Redondela sen complexos" afirmou o candidato popular quen presentou un equipo no que recupera como número dous a que fora concelleira con Amado Ricón, Carmen Bastos e inclúe como novidades a Noemí Salomón, Iván Crespo e Sandra Bastos nos postos 4, 5, e nove, respectivamente. Non repetirán como concelleiros nin Arturo González, nin Teresa París nin Jesús Crespo.


O candidato do PP, Javier Bas si conta novamente con persoas que durante os últimos anos formaron parte do seu equipo como Carmen Amoedo (3), Mª José barciela (6), Miguel Angel Alvarez (7) e Julio Mougán no posto número 8. Para lograr a maioría absoluta que persegue deberían acadar tamén praza de concelleiros Herminda Quelle, que regresa a política no posto número dez, e Daviz Muiños, que a sigue nesa candidatura.


Un acto celebrado a media mañá do sábado no que Bas foi presentando ao seu grupo que definiu como un equipo "que traballa con ilusión, gañas e humildade para seguir transformando Redondela e poñela onde se merece", marcándose como obxectivo acadar un "goberno con maioría suficiente, un goberno forte que defenda unha Redondela grande, con maiúsculas e sen complexos".


Neste acto o candidato do PP estivo arroupado polo presidente provincial do seu partido, Alfonso Rueda, así como por numerosos afiliados e simpatizantes que asistiron a presentación a ceo aberto ao carón do palco da música.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: