www.radioredondela.com Hoxe é Xoves, 22 de Agosto de 2019

Concerto de guitarra creativa con Darío Moreira e monólogo de humor con Carmen Méndez
Cultura • 12/04/2019
Autor: M. X. Queimaliños

A Concellería de Cultura déixanos para esta fin de semana dúas citas diferentes das que poderemos gozar no Multiúsos da Xunqueira. O sábado será coa música de Darío Moreira quen ofrecerá un concerto de guitarra creativa ás 20:00 horas. O domingo a proposta chega da man do ciclo "Humor na súa tinta" coa actuación da actriz galega Carmen Méndez. As entradas para cada unha das propostas pódense retirar no Multiúsos a un prezo de 7€ xeral (5€ entrada reducida).


A achega de Darío Moreira á música contemporánea para guitarra consiste no desenvolvemento de novos recursos técnicos e compositivos que amplían e diversifican a sonoridade do instrumentos. Actualmente ten en marcha o proxecto Naturezas onde integrar temas tradicionais galegos xunto cunha colección de composición contemporánea para guitarra que buscan recrear o ambiente, o sabor e o ritmos de diversas cultural interconectadas entre si a través da emigración. Unha música que poderemos escoitar o sábado 13 ás 20:00 horas no Multiúsos.


O domingo a proposta chega co espectáculos "Outra químicas" da actriz e humorista galega Carmen Méndez. Un monólogo enmarcado no ciclo Humor na súa tinta que se poderá ver tamén no Multiúsos ás 20:00horas.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: