www.radioredondela.com Hoxe é Xoves, 22 de Agosto de 2019

Propoñen converter a explanada de Rande nun espazo de lecer para frear o almacén de colectores
Sociedade • 9/04/2019
Autor: M. X. Queimaliños

Os veciños de Rande avalan a creación deste espazo de ocio no que se construirían piscinas de auga salgada e que estaría completamente integrado neste espazo do litoral, no que se atopa o Meirande e o antigo cargadoiro de mineral. O anteproxecto elaborado por Carlos Fálagan, quen fora o arquitecto do Museo da Batalla, contempla a creación de espazos de lecer para uso dos veciños nesa explanada, un uso moi diferente ao previsto dende a Autoridade Portuaria que defende a instalación dun almacén de colectores.


O presidente da Plataforma en defensa da Enseada San Simón, Antonio Lores, explica que se trata dun anteproxecto "moi positivo" elaborado polo arquitecto Carlos Fálagan por encargo do Concello. A idea é dar un uso cidadá a ese espazo e consistiría en converter a explanada, de 40.000 metros cuadrados no litoral de Rande, nun espazo de lecer no que se poderían realizar concertos e outras actividades culturais e festivas. Contémplase ademais a construción de piscinas naturais de auga salgada así como conservar e recuperar a estrutura de ferro do antigo cargadeiro de mineral. "Un proxecto integral, compatible coa inclusión deste espazo do litoral na Rede natura2000 e que busca ser unha alternativa viable aos intereses da Autoridade portuaria".


Explica Antonio Lores que unha vez elaborado o anteproxecto o seguinte paso é negociar coa Autoridade Portuaria e, malia que o seu presidente, Enrique López Veiga,  "sempre se amosou contrario a calquera tipo de actuación que non pase por instalar nese espazo o almacén de contedores confiamos en que ao contar co apoio do goberno local e do alcalde, Javier Bas, si se aveña a aceptar esta proposta".


Un proxecto ambicioso que podería financiarse "cargo a Xunta pero, sobre todo, con fondos europeos que xa contempla subvencións a aquelas actuacións en espazos enmarcados en Rede Natura compatibles con esta denominación".


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: