www.radioredondela.com | Hoxe é Domingo, 15 de Decembro de 2019 |
Abre o prazo para se inscribir na xornada "Seíame´eu..." que se celebra na Illa de San Simón
Cultura • 9/04/2019
Autor: M. X. Queimaliños O Consello da Cultura Galega e o Concello de Redondela comezan con esta xornada un ciclo conxunto que, en forma de simposio e baixo a denominación xenérica "Seíam´eu... en San Simón", terá lugar con carácter anual nesa illa. A inscrición é de balde e débese facer en liña no enderezo electrónico do Consello. O ciclo escolleu como sede un emblemático construído como tal dende os albores da nosa cultura e centrarase en dúas liñas de traballo principais: a cultura medieval, evocada por Mendiño, o cantor da illa, e a memoria da emigración e do exilio, que deixou fonda pegada en San Simón e na súa contorna. Haberá un servizo de transporte marítimo para acceder á Illa que sairá ás 10:00 horas dende un peirao que regresará ao remate da xornada (arredor das 19:00 horas) e haberá un xantar na Illa para todas as persoas asistentes á xornada.
|
Comentarios |
|
|