www.radioredondela.com Hoxe é Mércores, 13 de Novembro de 2019

Obras de 25 artistas participan na XXIV edición da Mostra de Artistas da bisbarra
Cultura • 9/04/2019
Autor: M. X. Queimaliños

O Multiusos de Arcade acolle desde esta fin de semana a Mostra de Artistas da Bisbarra, organizada pola concellería de cultura do Concello de Soutomaior. Unha exposición que tras 24 anos xa se converteu en todo un clásico na programación cultural do municipio. O certame inaugurouse coa presenza de todos os artistas participantes e a artista convidada deste ano, a pintora asturiana Agadina Cano.


Durante o acto de inauguración, a edil de Cultura, destacou a cantidade, calidade e variedade das obras expostas, máis de 50 obras que reflicten o potencial creativo da comarca. Esculturas, pinturas, debuxos e fotografías que son o resultado do gran talentos dos nosos veciños. "Auténticas obras de arte de moi alto nivel e que fan que todo Soutomaior senta orgulloso", salientou a concelleira de cultura Dolores Cernadas.


Entre os artistas atópanse desde afeccionados á pintura ou a escultura, novas licenciados en Belas Artes que pretenden abrirse camiño na profesión, até artistas xa recoñecidos, como Marcos Mariño, o primeiro español clasificado para o mundial de talla e autor do Nacemento a tamaño natural que decorou a praza da Ostra de Arcade durante o pasado nadal. As técnicas e materiais empregadas en cada obra varían e xunto á pintura, pódense observar fotografías, gravados e esculturas en pedra, ferro e madeira.A exposición poderase visitar até o 30 deste mes de forma totalmente gratuíta no horario habitual do multiusos de Arcade.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: