www.radioredondela.com Hoxe é Luns, 6 de Xullo de 2020

Os locais de copas poderán abrir en rúas de menos de catro metros de ancho
Institucional • 28/07/2010
Autor: M. X. Queimaliños

A normativa autonómica, pola que se regulará a concesión de licencias aos propietarios de pubs e similares logo de que hoxe se derrogase a ordenanza municipal, rebaixa en medio metro a anchura das rúas nas que se poden instalar estes establecementos


A corporación acordou hoxe por unanimidade derrogar a ordenanza municipal reguladora das condicións esixibles aos propietarios de pubs, bares e similares para obter a licencia municipal que lles permita exercer dita actividade.


Unha ordenanza que entre outros requisitos establecía que só se podería outorgar dita licencia a aqueles establecementos instalados en rúas de máis de catro metros de ancho e que agora será substituída por outras normativas de ámbito galego que si permiten esta actividade en rúas de menor anchura.


O edil de urbanismo, Emilio González Iglesias, insistía en que se manteñen o resto dos requisitos esixibles para desenvolver esta actividade, tales como insonorización dos locais e que dende o concello se está a traballar nunha nova ordenanza orientada a evitar que haxa unha proliferación de pubs nunha mesma rúa. O obxectivo é conciliar a vida e o descanso dos veciños co ocio nocturno.

Comentarios
Mari Ano
Xoves 29 de Xullo de 2010 ás 14:41 horas
Como sempre o Concello tomando iniciativas pola súa conta sen ter en conta aos veciños e as asociciacións veciñais. O dano xa foi feito. Causouse batsante dano económico a quen tibo que pechar s¡xusta e legalmente logo de se permitir a pertura anormal dos Pub. Moito me temo que agora se deroga unha ordenanza para favorecer a un ou a dous. Tiñamos un regulamento propio e máis protector. Pero hoxe en día eleccións municipais a vista hai que darlle a xente circo que sexa feliz bebendo e despreocupandose mentres outros enferman non poden levar unha calidade de vida normal. O Concello está privilexiando os intereses privados da hostelería local por riba dos ineterese comúns da cidadanía. Para proba a praza de Figueroa
[1-1]

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: