www.radioredondela.com Hoxe é Domingo, 18 de Agosto de 2019

"As fabas máxicas" de Caramuxo Teatro chegan ao Multiúsos
Cultura • 5/04/2019
Autor: M. X. Queimaliños

A compañía de teatro infantil e familiar Caramuxo teatro presenta este domingo ás 18:00 horas unha nova versión do clásico popular "As fabas máxicas", un espectáculo contado en primeira persoa a través do teatro de actor e de monicreques. Unha proposta enmarcada no I Ciclo de teatro infantil que organiza a Concellería de cultura e cuxas entradas poden retirarse no Multiúsos a un prezo de 3 euros.


Xan vive agora nun pequeno apartamento dun dos edificios mais altos de Nova York. Coidando as plantas da súa terraza, descobre algo sorprendente, que lle lembra unha asombrosa infancia chea de aventuras, ese é o punto de arranque deste espectáculo no que o traballo actoral e os monicreques comparten escenario. Unha proposta de lecer en familia para nenos a partir de 4 anos cunha coidada estética na que o humor, a emoción, e a poesía mestúranse para dar unha visión contemporánea do coñecido conto infantil.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: