www.radioredondela.com Hoxe é Luns, 19 de Agosto de 2019

O mal tempo obriga a suspender a marcha moteira contra a peaxe en Rande
Sociedade • 5/04/2019
Autor: M. X. Queimaliños

O Motoclub de Redondela decidiu suspender a mobilización convocada para a tarde deste sábado 6 de abril. Unha convocatoria reivindicativa e festiva que consistía en percorrer os sete quilómetros que separan a Avenida Mendiño da rotonda de Cabanas Rande, onde se atopa a cabina de peaxe, para esixir  que se elimine "unha peaxe inxusta e abusiva". Con todo, o mal tempo anunciado para as vindeiras horas levou aos organizadores a suspender a convocatoria que se celebrará noutra data.


Un protesta que confiaba en congregar máis de 500 moteiros xa que estaba confirmada a presenza da afeccionados de Valladolid, Ponferrada, León e Portugal. Sen embargo, dende o Motoclub Redondela decidiron adiar a convocatoria en previsión do mal tempo.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: