www.radioredondela.com Hoxe é Domingo, 18 de Agosto de 2019

Os grupos Tandub e Cubo metálico na final do concurso de maquetas Millo Verde
Cultura • 4/04/2019
Autor: M. X. Queimaliños

A Feira do Gando de Redondela acolle este sábado o concerto no que se elixirá ao gañador do XII concurso de maquetas Millo Verde. Os dous finalistas desta edición son os grupos Tandub chegado de Ourense e os pontevedreses de Cubo metálico. O público asistente a este concerto será o encargado, cos seus votos, de elixir ao gañador desta edición que se fará así cos 500 euros do premio e a posibilidade de actuar no festival Millo Verde que se celebrará na praia de Cesantes do 3 ao 8 de xuño.


A música fusión do grupo ourensán Tandub e o rock alternativo con influencias de hip-hop de Cubo Metálico chega a esta final logo de que as súas maquetas foran elixidas de entre as 35 presentadas nesta edición "na que houbo propostas para todos os gustos" e da que os organizadores destacan por ser unha das edicións máis eclécticas, con estilos que ata o de agora non estiveran presentes.


O Concerto deste sábado arrancará ás 20:30 horas e, ademais da actuacións dos dous grupos finalistas, contará con tres grupos convidados: Globerskers, Retroblues e Electrosock.


A entrada ao concerto custa 3 euros e da dereito a unha consumición así como a emitir un voto por algún dos finalistas desta edición. Haberá ademais comida e bebida servida polo local Vila Bella.


Un concurso que supón o pistoletazo de saída para un festival que volverá celebrarse na Praia de Cesantes na primeira semana de xuño


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: